Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Xulio 2007

Os beneficios das actividades do verán: a area

ollapoloburatinho 05/07/2007 @ 19:41

Os alumnos aprenden moitas das cousas a través dos seus sentidos. Inclusive como adultos nós gozamos da sensación da area quente da praia. O xogo con area estimula os sentidos dos nenos. Eles gozan da frescura da auga e a sensación da arena cando corre entre os seus dedos.

E non só iso, o xogo con auga e area fomenta o crecemetno en todas as áreas do desenvolvemento. Os nenos constrúen destrezas socio-emocionais ao interactuar con outros nenos durante o xogo. Fomenta o desenvolvemento motor cando cargan, verten e filtran a arena.

Interactuar con outros conleva ao desenvolvemento da linguaxe e a un aumento nas destrezas de vocabulario. Tanto o desenvolvemento cognitivo coma os conceptos matemáticos e científicos foméntanse ao permitir que os nenos planeen e creen o seu propio xogo.

As actividades libres, coma o xogo con auga e arena, son actividades que non teñen unha maneira correcta ou equivocada de facelas. Permiten a expresión creativa dos nenos e motívaos a planear e a levar a cabo o plan da maneira que queiran. Actividades coma estas fomentan o desenvolvemento dun proceso sen poñer tanto énfase no produto ou o resultado final.

Finalmente, un beneficio adicional do xogo con auga e arena é que este tipo de xogo xeralmente pode ter un efecto tranquilizador sobre os nenos que se axitan con facilidade.